Saturday 18 de May de 2024

O Atlético San Pedro, campión da Copa Oleiros feminina


O Atlético San Pedro proclamouse campión Trofeo Concello de Oleiros de fútbol 2023, tras gañar na final por 6-0 ao Obrero de Oleiros. As goleadoras foron Alba (3), María (2) e Lía (1). O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Deportes, Teresa Vázquez, entregaron os trofeos ás capitanas dos equipos campións e subcampións, respectivamente.

Atlético San Pedro e Obrero chegaron á final tras eliminar ao Santa Cruz nun triangular disputado hai unha semana no campo Leonardo Maceira de Os Regos. Todos os equipos participantes neste torneo, tanto no cadro feminino como masculino, repartiranse 12.258 euros en premios.

Nos instantes posteriores ao encontro, os equipos participantes na final feminina e masculina saíron ao campo cunha pancarta co lema “Oleiros contra o machismo. Rubiales inhabilitación xa!”, para denunciar as indignantes actuacións e comportamentos do presidente da Real Federación Española de Fútbol.